ABASTECEMENTOS

⚠️Abastecementos 🍌🍊 🥤
Nesta edición só proporcionaremos vasos no primeiro abastecemento. E iso o facemos porque chegaredes agrupados e sería inviable facelo doutro xeito xa que se xerarían tapóns no abastecemento. Como sempre, haberá unha zona sucia con bolsas de basura, para que votedes o vaso valeiro o acabar de abastecer. Non se permitirá sair a ninguén desa zona con vasos da organización. Para o resto de abastecementos 2,3 e 4 teredes que traer o voso propio vaso ou sistema de hidratación. Queremos ser un evento sostible e que teñamos o menos impacto posible sobre o noso medio. Por iso tamén este ano pareceunos boa idea dar de regalo un bidón de hidratación da carreira. Esperamos que vos guste.

Los comentarios están cerrados.