Situación Carrera.

Dende a organización do trail queremos facilitarvos ó máximo as cousas, para que só teñades que preocuparvos de desfrutar dos fermosos percorridos que vos temos preparados. Por isto, recordámosvos o seguinte:
1- Teredes un aparcadoiro habilitado xusto o lado da zona de carreira.
2- Haberá 2 bares (O Santi e A Volta), onde poderedes almorzar antes da proba.
3- Teredes unha gardería para que podades disfrutar do trail mentres @s nen@s xogan. (o aire libre na veiga se fai bo ou no local social do concello se chove)
4- Unha carpa a cuberto onde estará a secretaría da carreira e onde poredes seguir a proba a través da pantalla de Tracktherace.
5- Vestiarios, Wc e duchas, na mesma zona.
Dous días previo á carreira reciviredes un correo cunha breve explicación de todo isto e un plano de situación para que non teñades ningún problema o día da proba. A seguir adestrando e nos vemos pronto!

Los comentarios están cerrados.