Oscar Carrera no Trail Das Bestas

Estará na liña de Saída un dos mellores deportistas galegos da actualidade. O finalista olímpico en piragüismo nos xogos de Río e gañador da Copa do Mundo Oscar Carrera Amandi. Un orgullo para a nosa organización que se decidirá a probar no mundo dos trails na nosa proba.

Situación Carrera.

Dende a organización do trail queremos facilitarvos ó máximo as cousas, para que só teñades que preocuparvos de desfrutar dos fermosos percorridos que vos temos preparados. Por isto, recordámosvos o seguinte:
1- Teredes un aparcadoiro habilitado xusto o lado da zona de carreira.
2- Haberá 2 bares (O Santi e A Volta), onde poderedes almorzar antes da proba.
3- Teredes unha gardería para que podades disfrutar do trail mentres @s nen@s xogan. (o aire libre na veiga se fai bo ou no local social do concello se chove)
4- Unha carpa a cuberto onde estará a secretaría da carreira e onde poredes seguir a proba a través da pantalla de Tracktherace.
5- Vestiarios, Wc e duchas, na mesma zona.
Dous días previo á carreira reciviredes un correo cunha breve explicación de todo isto e un plano de situación para que non teñades ningún problema o día da proba. A seguir adestrando e nos vemos pronto!

Abastecementos en Carreira…….

Abastecementos en carreira:

Trail curto:
-Km. 5,2 líquido
-Km. 10 líquido e sólido

Trail longo:
-Km. 5,2 líquido
-Km. 14 líquido e sólido
-km. 19,5 líquido e sólido

Tamén haberá, abastecemento final a base de caios de carne de Muras e larpeira.
Amáis haberá gardería pa os que veñan con nen@s, carpa onde seguir a proba con track the race para os acompañantes, duchas e moitas cousas máis.

Recorrido….

Onte tocou recoñecemento de algunhas zoas para ultimar os últimos desbroces e ver algúns dos pasos por algunha finca por onde faremos pasos para sortear peches de alambre. Manuel Requeijo, alcalde de Muras, estivo con nos e fixo gran parte do percorrido do trail para comprobar estes pasos. Tamén estará na saída da proba curta. Xa falta menos para o 5 de novembro. Dende Muras, animámosvos a todos a participar neste trail que terá un percorrido espectacular.

 

GARDERÍA

Para todos aqueles nais e pais que teñades fill@s e querades participar, informarvos que teremos servicio de gardería con actividades para os nenos. Así que xa sabedes, podedes vir a Muras coa vosa familia e pasar un día perfecto de deporte e natureza.

GPS Tracktherace…..

Nesta primeira edición do Trail Das Bestas,utilizaremos o sistema de gps tracktherace. ¿Por qué e para qué? Para poder seguir a proba, por seguridade, por facilitar a loxística da proba… tracktherace é un sistema creado por deportistas e orientado a calquera tipo de evento deportivo outdoor, como solución para poder seguir as carreiras a través de internet, nos nosos smartphones, tablets ou ordenadores. Este sistema nos permite ver en todo momento como vai a carreira, xa que podemos ver o percorrido e a ubicación en cada momento dos corredores. Tamén nos resulta un elemento de seguridade moi importante, pois en caso de calquera emerxencia temos a todolos participantes ubicados, algo que ademáis consideramos indispensable na época do ano que se fai este trail. A nivel reglamento, con este sistema nos aseguramos que todolos corredores están facendo o recorrido marcado e non é necesario establecer controis de paso intermedios para asegurarnos isto. Por outra banda e a nivel organizativo, permítenos mellorar a organización loxística, pois o saber a xente que por exemplo, queda por pasar por controis ou avituallamientos, podemos saber cando se poden pechar estos ou saber os corredores que quedan por pasar por ahí e recalcular ou reforzar os avituallamentos si fose necesario durante a proba. Pero sobre todo para vos, poderán seguirvos dende casa ou calquera outra ubicación e dende a propia área da Veiga en Muras, onde instalaremos unha pantalla onde seguir a proba.
Aquí tedes unha mostra do que nos pode ofrecer.